A manifestación antifascista contra o acto de Vox na Coruña remata sen incidentes tras un forte despregamento policial que separou ambos actos. Arredor de 500 persoas protestaron contra a presenza do ultradereitista Jorge Buxadé, que xuntou medio cento a poucos metros. Varios comercios da zona da praza de Lugo baixaron a persiana por temor a altercados nunha concentración que acabou sendo pacífica.