Unha galega, entre as vítimas do accidente ferroviario de Urda. Unha muller de 42 anos, natural de Cerdedo Cotobade, faleceu no sinistro e é unha das 69 persoas falecidas, segundo confirman varios medios. Foto: Imaxe difundida pola Garda Civil.
Unha galega, entre as vítimas do accidente ferroviario de Urda. Unha muller de 42 anos, natural de Cerdedo Cotobade, faleceu no sinistro e é unha das 69 persoas falecidas, segundo confirman varios medios. Foto: Imaxe difundida pola Garda Civil.
Máis de 200 persoas concéntranse "contra o fascismo" ante un acto de Vox en Ferrol a cargo do xefe da delegación da ultradereita na UE, Jorge Buxadé. A protesta, sen incidentes, tivo lugar durante a rolda de prensa que o dirixente de extrema dereita ofreceu no Cantón ferrolán protexido pola policía. Foto: BNG Ferrol.
A mobilización unitaria pola folga xeral na Coruña será ás 18 horas do 11N e sairá do cruzamento da avenida Fisterra coa Ronda de Outeiro para chegar á praza de Tabacos. Colectivos de vivenda, sindicatos, movementos sociais e movementos estudantís chaman a manifestarse a a "paralo todo" nunha xornada para a que aínda quedan moitas mobilizacións por confirmarse en toda Galicia.
A ex-conselleira Ethel Vázquez, entre os "expertos en infraestruturas e servizos ferroviarios" cos que se reúne Feijóo. O líder do PP considera que "botar a culpa a un operador de Atocha" é unha "frivolidade impropia dun ministro", o que contrasta coa postura que adoptou tras o accidente de Angrois de 2013, cando constribuíu a poñer o foco no maquinista do Alvia. Na imaxe, tirada dun vídeo divulgado polo PP, Ethel Vázquez está a dereita, con camisa azul.
⚫️ A ex-ministra Fátima Báñez é unha das falecidas no accidente ferroviario de Urda. Viaxaba no tren Iryo co que bateu o AVE. O Ministerio de Traballo vén de confirmar o falecemento de quen ocupara a carteira de Emprego e Seguridade Social entre 2011 e 2018 e era actualmente presidenta da Fundación da CEOE.
Os bens que os Franco levaron do Pazo de Meirás vendéronse por máis de medio millón de euros na poxa celebrada en Madrid. A familia do ditador fai caixa coas pezas retiradas das Torres malia as críticas da CRMH. A recadación pola venda demáis de 600 obxectos rolda os 530.000 euros. Un maletín do ditador fascista foi adxudicado por 19.000 euros e o maior pago foi por unhas armas de Marrocos, que alcanzaron os 20.000.
Nerea Pallares, Andrés Neuman e Hugo Gonçalves gañan o XXX Premio Literario San Clemente, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. ‘Punto de araña’, ‘Hasta que empieza a brillar’ e ‘Revolución’ foron as obras galardoadas.
📺 Kiro presenta o tráiler do filme que chegará aos cines o 11 de decembro. A película sobre Ana Kiro, dirixida por María Yáñez, celebra a diva galega e a súa relación co público a través de cancións, actuacións e relatos de familiares, artistas e fans que a acompañaron desde Galicia e desde a emigración.
Accidente ferroviario mortal en Toledo: colisión entre trens de alta velocidade de Renfe e Iryo na localidade de Urda apenas dez meses despois da traxedia de Adamuz. Arestora os servizos de emerxencia comezan a intervir na zona, con cando menos dous vagóns precipitados por un terraplén, segundo as primeiras informacións, que apuntan a varias persoas falecidas e abondosas feridas.
Navantia Ferrol celebra a botadura da fragata F-112 Roger de Lauria. Trátase do segundo dos cinco buques encomendados pola Armada ao estaleiro estatal con sede en Ferrol. O encargo fora adiado polo Goberno de Rajoy e a compañía pública preveu que os traballos xeren uns 7.000 empregos durante unha década. [Imaxe: © Delegación do Goberno de España en Galicia]