A ex-conselleira Ethel Vázquez, entre os "expertos en infraestruturas e servizos ferroviarios" cos que se reúne Feijóo. O líder do PP considera que "botar a culpa a un operador de Atocha" é unha "frivolidade impropia dun ministro", o que contrasta coa postura que adoptou tras o accidente de Angrois de 2013, cando constribuíu a poñer o foco no maquinista do Alvia. Na imaxe, tirada dun vídeo divulgado polo PP, Ethel Vázquez está a dereita, con camisa azul.