A mobilización unitaria pola folga xeral na Coruña será ás 18 horas do 11N e sairá do cruzamento da avenida Fisterra coa Ronda de Outeiro para chegar á praza de Tabacos. Colectivos de vivenda, sindicatos, movementos sociais e movementos estudantís chaman a manifestarse a a "paralo todo" nunha xornada para a que aínda quedan moitas mobilizacións por confirmarse en toda Galicia.