O Boletín Oficial do Estado fai oficial a declaración da cidade de Ferrol como Lugar de Memoria Democrática. Como un dos "principais enclaves navais e militares" do Estado, salienta o expediente, diversos espazos da cidade "adquiriron un papel central na represión política e social" dos golpistas. A declaración presta atención tamén á "profunda tradición progresista e intelectual" ferrolá e á persecución da mesma pola ditadura.