O Tribunal Constitucional fai pública a sentenza que rexeita o recurso da Xunta contra a lei estatal de vivenda de 2023. O alto tribunal avanzou hai uns días a súa decisión e agora divulga o texto íntegro.
O Tribunal Constitucional fai pública a sentenza que rexeita o recurso da Xunta contra a lei estatal de vivenda de 2023. O alto tribunal avanzou hai uns días a súa decisión e agora divulga o texto íntegro.
Bolsonaro fillo gaña cun 47% a primeira volta das eleccións en Brasil ante Lula, que obtén o 45%. Jair Bolsonaro e Lula volverán enfrontarse na segunda volta o 25 de outubro. [Foto: Goberno de Brasil]
Pedro Sánchez comparecerá ás 9 desta mañá dende La Moncloa para anunciar as súas decisións tras a derrogación dos decretos de vivenda no Congreso cos votos do PP, Vox, e Junts. Sobre a mesa, a posibilidade dun adianto das eleccións xerais. Toda a información, hoxe en Praza.gal. Na imaxe, o presidente do Goberno de España anunciando o anticipo dos comicios de 2023. [© Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa]
O alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela, denuncia que sufriu unha agresión na rúa ao berro de "rojos de mierda". O tamén presidente da Fegamp explica que o home que se "encarou" consigo e co grupo de amizades e familiares que o acompañaba, entre eles a súa filla, tamén "recibiron golpes" no "intento de separalo". "Ela segue preguntándome por que ese home quixo pegarnos e eu aínda non sei que contarlle", explica Varela, quen sente "a obriga moral de reivindicar un mundo mellor e de manifestar a miña máis profunda repulsa aos violentos e aos impulsores do odio". O rexedor vilagarcián presentará denuncia formal este luns. [Imaxe: © Fegamp]
Feijóo reitera na Toxa que promovería a construción de "un millón" de vivendas en catro anos se o PP goberna en España. Rueda aplaude o discurso do ex-presidente no Foro La Toja afirmando que "España necesita recuperar a normalidade e dar a palabra aos españois". Durante os seus trece anos como titular da Xunta comezaron a construírse en Galicia pouco máis de 5.000 vivendas protexidas, máis da metade no primeiro ano, con múltiplos proxectos 'herdados' do Goberno de PSdeG e BNG, e nos seguintes mandatos quedaron reducidas á mínima expresión. Na imaxe, distribuída pola Xunta, Feijóo conversa co presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, en presenza de Rueda durante o Foro La Toja. [CC BY-SA Xoán Crespo/ Xunta]
En marcha as primeiras mobilizacións da xornada pola vivenda en Galicia, as de Santiago, Ourense e Ferrol. Esta tarde (19:00) continúan as protestas en Vigo, A Coruña e Lugo e o luns, en Pontevedra. Nesta ligazón, todos os detalles das convocatorias. Na imaxe, inicio da concentración na compostelá Praza do Obradoiro, este mediodía, á que tamén acudiron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. [CC BY-NC-SA CA]
Varias persoas feridas de gravidade tras a explosión nunha canteira no Porriño. O suceso tivo lugar durante unha voadura na parroquia de Atios e, segundo o 112, hai catro traballadores feridos e "accesibles".
Segundo ataque fascista á Cruz Vermella en Ferrol en dúas semanas. Unha furgoneta da entidade sofre a rotura dun vidro e aparece pintada cunha esvástica tras as pintadas sufridas o pasado 22 de setembro na súa sede, que tamén fora atacada en abril.
PP, PSdeG e BNG abandonan o pleno do Concello de Ourense despois de que Jácome "insultase reiteradamente os integrantes dos grupos da oposición" descualificando como "etarras" aos membros do Bloque. Nun comunicado conxunto, populares, socialistas e nacionalistas censuran "faltas de respecto, insultos, interrupcións e ameazas" do alcalde: "Non pode seguir tolerándose". Jácome esgrime que "levan toda a vida chamándome a min fascista".
Jácome logra aprobar o Orzamento de Ourense para 2026 co seu voto de calidade. A marcha do grupo do PSdeG (5 edís), que renunciou a participar na votación, engadida á ausencia dun edil do PP e á inesperada presenza dun concelleiro de Democracia Ourensana, enfermo dende hai meses, deu lugar a un empate a 10 votos (os de DO fronte aos 6 do PP e os 4 do BNG) que pemitiu ao alcalde desempatar e afrontar o ano electoral coas contas deste exercicio aprobadas. O rexedor constata que "a ausencia no pleno dun concelleiro do PP cambiou a aritmética" e celebra a aprobación como "moi boa" para a cidade. Na fotografía, Pérez Jácome nunha comparecencia pública.