O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) acolle este venres, na súa sede de Gondomar ás 20 horas, un debate sobre Os medios e o poder no que intervirán Luís Álvarez Pousa, director de Tempos Novos, Inma López Silva, escritora, e David Reinero, xornalista de Praza.gal.
Fálase
Publicados no DOG os festivos locais de todos os concellos galegos para 2025. Engádense aos festivos de ámbito galego (o Día das Letras -17 de maio- e o Día Nacional -25 de xullo-) e aos de ámbito estatal -na imaxe-.
- MAPA INTERACTIVO | Os festivos locais de cada concello en 2025
A xuíza acusa de homicidio e envía a prisión provisional comunicada e sen fianza a dous dos tres detidos pola morte dun comerciante da Praza de Abastos de Santiago o pasado martes. O terceiro detido foi posto en liberdade e sobre el non pesan medidas cautelares xa que, segundo confirman fontes xudiciais, actualmente non existen indicios da súa implicación na morte do home. Na imaxe, concentración na memoria da vítima, horas despois dos feitos [© Concello de Santiago]
Detido o acusado do asasinato de Estela Blach en Baiona. A detención produciuse seis días despois do crime, confirmado oficialmente como un caso de violencia machista.
- HEMEROTECA | Vinte mulleres vítimas das violencias machistas ao día en Galicia e aínda sen xulgados específicos en todas as cidades
- HEMEROTECA | A especialidade xudicial en violencia de xénero pon o foco no "sometemento" da muller polo "heteropatriarcado"
- HEMEROTECA | "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
La Vanguardia segue os pasos de The Guardian e tamén deixa de publicar en X. "Esta rede converteuse nunha plataforma na que atopan caixa de resonancia teorías da conspiración e desinformación", así como "ideas que atentan contra os dereitos humanos", que "adquiren viralidade e captan máis tempo dos usuarios para gañar máis cartos das insercións publicitarias", sinala o xornal catalán, que conta con máis dun millón de perfís a seguilo no antigo Twitter. A decisión, agregan, "coincide co anuncio por parte de Donald Trump" de nomear a Elon Musk, propietario de X, para codirixir un departamento orientado a "facer recortes na administración estadounidense".
A AEMET volve informar dunha alerta vermella por fortes choivas no litoral de València, agardan máis de 180 litros por metro cadrado acumulados en 12 horas. O aviso está activo desde este mércores ás 21 horas e ata as doce do mediodía do xoves. Tamén permanece en aviso vermello a zona de Málaga ata as doce da noite deste mércores.
The Guardian abandona X. O xornal británico axita o debate sobre a continuidade no antigo Twitter anunciando que deixa de compartir as súas publicacións na rede social propiedade de Elon Musk. "É algo que vimos considerando hai tempo" polo "contido que se promove ou atopa na plataforma, incluíndo teorías da conspiración e racismo da extrema dereita", subliñan nun contexto no que "a campaña das eleccións presidenciais estadounidenses", din, serviu para ratificar que "é unha plataforma mediática tóxica" e que o seu propietario utiliza para influír politicamente.
O PP Europeo forza o adiamento da votación das seis vicepresidencias da Comisión Europea e os populares españois atribúense o freo no marco da súa ofensiva contra Teresa Ribera, aspirante á carteira de Transición Limpa, Xusta e Competitiva, un dos postos de maior peso do colexio de comisarios que volverá encabezar Ursula Von der Leyen. A actual vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica do Goberno de España si se somete á audiencia de confirmación ante o Parlamento Europeo este martes, segundo o previsto, pero as conclusións e votación atrasaranse, previsiblemente ata a semana vindeira. Na imaxe, un intre das sesións de confirmación na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas. [CC BY Parlamento Europeo]
Praceiros e membros da corporación municipal de Santiago gardan un minuto de silencio como mostra de pesar pola morte violenta do comerciante Antonio Costa a pasada madrugada mentres a Policía xa detivo tres persoas ligadas co presunto homicidio. Sobre a causa pesa o segredo de sumario. A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, transmitiu "o cariño e apoio á familia" e agarda "que se esclarezan os feitos canto antes". [Imaxe: © Concello de Santiago]
Colectivos feministas convocan mobilizacións en repulsa polo asasinato de Estela Blach en Baiona para este mércores, día 13. Relación de concentracións e manifestacións elaborada pola Marcha Mundial das Mulleres.
- Investigan como posible caso de violencia de xénero a morte dunha muller en Baiona
- HEMEROTECA | O Ministerio de Igualdade admite problemas de coordinación tras os últimos seis crimes machistas
- HEMEROTECA | Un 25N contra a 'espiral de violencia' que leva a un récord de denuncias e de chamadas ao 016 en Galicia
- HEMEROTECA | "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia