O PP Europeo forza o adiamento da votación das seis vicepresidencias da Comisión Europea e os populares españois atribúense o freo no marco da súa ofensiva contra Teresa Ribera, aspirante á carteira de Transición Limpa, Xusta e Competitiva, un dos postos de maior peso do colexio de comisarios que volverá encabezar Ursula Von der Leyen. A actual vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica do Goberno de España si se somete á audiencia de confirmación ante o Parlamento Europeo este martes, segundo o previsto, pero as conclusións e votación atrasaranse, previsiblemente ata a semana vindeira. Na imaxe, un intre das sesións de confirmación na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas. [CC BY Parlamento Europeo]
