O BNG de Vigo reclama a remunicipalización do bus urbano para “mellorar o servizo”. A fronte nacionalista pide que non se desaproveite a “grande oportunidade” que para Vigo supón a fin da concesión de Vitrasa en xuño do vindeiro ano. Neste sentido aposta pola remunicipalización do transporte urbano, como primeiro paso para acometer unha mellora substancial do servizo. O Bloque reitera o seu “total e rotundo apoio” ao persoal de Vitrasa, que este venres se volveu mobilizar ante a falta de avances na negociación do novo convenio colectivo.
