O concelleiro popular Michinel dimite en Ourense farto de “soliloquios” e “ falacias”. O concelleiro do Partido Popular en Ourense Miguel Ángel Michinel Álvarez anunciou este venres a súa dimisión despois de que o seu partido facilitase oito modificacións orzamentarias ao rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, de Demoracia Ourensana. Michinel asegura sentirse frustado ante o “ implacable escrutinio público” e lamenta os “interminables soliloquios, pleno tras pleno, completamente baleiros de contido, cando non repletos de falacias”, que causan “rubor e estupefacción” a un tempo.
