València bótase á rúa para exixir a dimisión de Carlos Mazón. Ducias de miles de valencianos, 130.000 segundo a Delegación do Goberno, ateigaron este sábado a Praza do Concello para exixir responsabilidades pola traxedia da riada do 29 de outubro. Persoas de toda a provincia chegaron á capital e reclamaron a dimisión do presidente da Generalitat ao berro de “Mazón asasino” ou “Mazón a prisión”.
[Foto: @JuventudXClima]
