Silencio e dor en Baiona en recordo a Estela Blach. A veciñanza do concello de Baiona rendeu este domingo unha homenaxe á muller achada morta o pasado venres, presuntamente vítima de violencia machista. A concentración tivo lugar na Praza do Concello, que decretou tres días de loito oficial por Estela Blach, mentres continúa a busca da súa ex-parella.
[Foto: ValmiñorTV)