Matan o propietario dun posto da Praza de Abastos de Santiago. A Policía Nacional ten aberta unha investigación sobre as circunstancias do crime, no que a vítima é o responsable do negocio cárnico Chelo Muñico, segundo informa a Radio Galega. Inicialmente transcendera que a morte se producira por arma de fogo, se ben posteriormente este extremo foi desmentido oficialmente, mentres cobra forza a hipótese da agresión cun obxecto contundente, informa El Correo Gallego. Ao lugar dos feitos desprazouse a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín. [Imaxe: © Concello de Santiago]
