Adeus a Víctor Moro. O economista e político ribadense faleceu este mércores aos 95 anos. Foi director xeral de Pescanova, traballou no Ministerio de Comercio ou no Banco de España, líder da oposición en Vigo pola UCD e chegou a ser líder de Coalición Galega. O Concello de Ribadeo mostrou o seu "pesar" polo pasamento e decidiu manter as bandeiras a media hasta.
