Vítimas de Angrois reúnense este xoves coa ministra de Transportes para pedirlle a investigación técnica independente que España aínda non fixo oito anos despois do accidente. Cinco meses despois de tomar posesión, e cinco días antes da inauguración do AVE Galicia-Madrid, Raquel Sánchez recibe á plataforma de afectados, que ten aberta unha causa contra o Estado para que cumpra coa esixencia europea de investigar o sinistro de Angrois á marxe da causa penal xa só pendente de xuízo contra o maquinista e un cargo de Adif. Na imaxe, protesta das vítimas ante a ministra na viaxe de probas do AVE Galicia-Madrid realizada hai unhas semanas.
