O persoal de Vestas empeza a recibir as cartas de despedimento, con indemnizacións de 28 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades. "É un golpe de realidade", lamenta o comité de empresa.
Fálase
CCOO concéntrase ante a Consellería de Educación para "esixir a cobertura das baixas médicas" no profesorado e denuncia que a xunta leva desde o 30 de novembro sen cubrir todas as vacantes docentes. O sindicato cifra en 240 as vacantes sen cubrir e denuncia unha práctica habitual pero intensificada neste curso e agravada polo impacto da COVID nas aulas.
Vítimas de Angrois reúnense este xoves coa ministra de Transportes para pedirlle a investigación técnica independente que España aínda non fixo oito anos despois do accidente. Cinco meses despois de tomar posesión, e cinco días antes da inauguración do AVE Galicia-Madrid, Raquel Sánchez recibe á plataforma de afectados, que ten aberta unha causa contra o Estado para que cumpra coa esixencia europea de investigar o sinistro de Angrois á marxe da causa penal xa só pendente de xuízo contra o maquinista e un cargo de Adif. Na imaxe, protesta das vítimas ante a ministra na viaxe de probas do AVE Galicia-Madrid realizada hai unhas semanas.
Os catorce restaurantes galegos que tiñan Estrelas Michelin consérvanas en 2022 e a eles súmase o Auga e Sal compostelán. O único con dúas estrelas segue sendo o Culler de Pau do Grove. O seu impulsor e chef, Javier Olleros (na imaxe), participou no último episodio do podcast Retrocorenta, producido por Praza.gal e VINTE, compartindo os seus inicios na cociña e a evolución do seu proxecto gastronómico e empresarial, moi ligado á sostibilidade da contorna natural. A listaxe íntegra de restaurantes distinguidos na gala das Estrelas Michelin pódese consultar aquí. O Culler de Pau mantén, ademais, a Estrela Verde á sostibilidade, coa que tamén conta O Balado (Boqueixón).
Inditex gaña 2.500 millóns nos nove primeiros meses do ano e logra un máximo histórico de vendas e beneficios nun terceiro trimestre. O beneficio neto subiu un 273% respecto a un ano antes.
O PSdeG reúne por primeira vez a súa nova Executiva Nacional, con Valentín González Formoso á fronte. O novo secretario xeral socialista sinala que se propón "rearmar o proxecto" do partido para "conectar coa cidadanía" e sinala que será a comezos do ano, na seguinte xuntanza da dirección, cando será designada a persoa que remudará a Gonzalo Caballero na portavocía do Parlamento. [Imaxe: CC-BY-NC-SA PSdeG]
O PP recupera a alcaldía da Baña logo de prosperar unha moción de censura dos populares e Compromiso por Galicia. Andrés García Cardeso recupera o posto de rexedor que ocupara durante 24 anos. O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, apoiou o xa ex-alcalde socialista, José Antonio Pereira, tras unha manobra "contra natura".
O comité acepta "negociar" con Alcoa a súa última proposta para deter a produción dous anos na Mariña, pero sempre que non se paren as cubas e que se garanta emprego para as empresas auxiliares.
Vía Galega presenta o himno 'Galiza, un Pobo, unha selección' para reivindicar o dereito á oficialidade das seleccións deportivas galegas. A peza contou coa colaboración de 28 persoas que puxeron a voz e música, de maneira desinteresada
Coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo, candidatas a ser a palabra do ano 2021 no certame que organiza o Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. A votación está aberta ata o 25 de decembro. O pasado ano, a elixida fora "nós".