O Goberno de España concede a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2023 ao Hematocrítico a título póstumo. O Ministro de Cultura informou este martes dos premiados, persoas e entidades que destacaron no campo da creación artística e cultural.
Fálase
O comité intercentros da CRTVG chama o persoal a manifestarse este xoves "contra a manipulación informativa na cobertura do vertido de pellets na costa galega". A representación laboral chama a "non quedar caladas ante este novo uso burdo e partidista dos medios públicos para silenciar a catástrofe".
Sanidade amplía a campaña de vacinación fronte a gripe e a COVID-19 ata o 26 de xaneiro. A Consellería volve incrementar o prazo para que o maior número de galegas e galegos poida vacinarse e mantén o sistema de autocita aberto. Segundo os datos da Xunta, ata o momento vacináronse contra o virus da gripe un total de 802.646 persoas. O 82% das persoas maiores de 80 anos e o 51,3% das menores de cinco anos xa foron inmunizadas.
Asturias activa o nivel 2 de alerta polo vertido de pellets que lle permite recibir axuda do Estado. O Goberno asturiano vén de activar esta mañá o segundo nivel de emerxencia do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Placampa). Galicia mantén o nivel 1 de alerta malia o ofrecemento do Goberno central a colaborar coa retirada dos plásticos. Foto: Principado de Asturias.
O Ministerio de Sanidade impón pola gripe a máscara obrigatoria nos centros sanitarios, que en Galicia xa era recomendada desde hai dez días.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deixará o Concello e será candidata nas galegas tras Besteiro, segundo avanza El Progeso e puido confirmar Praza.gal. O diario lucense di que rexedora será a número 2 da lista do PSdeG por Lugo, que encabezará Besteiro.
El País publica este luns unha enquisa que reflicte unha lixeira baixada na intención de voto ao PP, que mantería a maioría absoluta. BNG e PSdeG mellorarían lixeiramente os seus resultados e Sumar non lograría ningún escano.
O 7 de xaneiro de 1950, hai hoxe 74 anos, finaba en Bos Aires Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O seu cabodano foi celebrado este domingo en varios lugares de Galicia, especialmente na súa vila natal, Rianxo, onde o BNG celebrou un acto de homenaxe.
- O Estado recoñece e repara a Castelao na homenaxe ás vítimas da represión á que rexeita ir Feijóo
- ENTREVISTA | Miguel Anxo Seixas: "Castelao é unha liña recta. Eticamente non hai nada que reprocharlle"
- REPORTAXE | O legado da emigración na Arxentina vira en eterno na sede do Centro Gallego malia a súa venda
La Voz de Galicia publica este domingo unha enquisa de intención de voto para as eleccións ao Parlamento galego do vindeiro 18 de febreiro. O PP mantería a súa maioría absoluta, aínda que perdería apoios e tres deputados. O BNG seguiría a liderar a oposición, mellorando un escano, o mesmo que o PSdeG. Sumar entraría no Parlamento cun representante.
A Delegación do Goberno en Galicia asegura que informou a Xunta da vertedura de 'pellets' de plástico o pasado 20 de decembro. En concreto, traslada que o xefe do servizo de Salvamento Marítimo de Fisterra comunicou ao subdirector do servizo de Gardacostas a chegada destas pequenas bólas de plástico procedentes dun contedor que navegaba en augas de Portugal. [Fotografía: Noia Limpa]