Sanidade amplía a campaña de vacinación fronte a gripe e a COVID-19 ata o 26 de xaneiro. A Consellería volve incrementar o prazo para que o maior número de galegas e galegos poida vacinarse e mantén o sistema de autocita aberto. Segundo os datos da Xunta, ata o momento vacináronse contra o virus da gripe un total de 802.646 persoas. O 82% das persoas maiores de 80 anos e o 51,3% das menores de cinco anos xa foron inmunizadas.
