David Regades deixa o seu escano no Congreso para regresar ao mando da Zona Franca de Vigo. O socialista cesara como delegado da Zona Franca o pasado verán para concorrer ás eleccións xerais como cabeza de lista do PSOE por Pontevedra e esta semana retomará esta responsabilidade, como avanza Faro de Vigo.
Fálase
O ministro de Transportes anuncia que Talgo entregará os trens de ancho variable Avril a partir do vindeiro luns, 8 de abril. Óscar Puente avanzou esta nova data nunha entrevista en Onda Cero, tras aproveitar unha viaxe en probas durante o Nadal [na imaxe] para asegurar que estarían en funcionamento no mes de marzo que vén de rematar, polo que foi apercibido pola Xunta Electoral polo contexto dos comicios galegos. O eixo atlántico ferroviario ten servizos de alta velocidade dende o ano 2015, pero estes trens Talgo 106 permiten pasar das vías de alta velocidade da Meseta ás que hai en Galicia.
Feijóo asegura, en referencia a RTVE, que "a televisión pública é a canle de propaganda informativa máis importante do sanchismo", "o 'Sálvame' de produtoras que fan negocietes co orzamento público", afirma antes de agregar que "non" a ve. O ex-presidente da Xunta e actual líder do PP encadra estas críticas no que descualifica como "tics autoritarios" do Goberno de España durante unha entrevista con El Mundo. A CRTVG segue dirixida polo director xeral nomeado por Feijóo en 2009 [na imaxe], con mandato por tempo indefinido grazas a unha reforma legal aprobada polo PP en solitario en 2015. O colectivo Defende a Galega mobilízase ao respecto dende hai case seis anos.
- HEMEROTECA | 15 anos no cargo e 75 de idade: máis olladas sobre a posible remuda do blindado director da CRTVG
- HEMEROTECA | 300 'venres negros' contra a "manipulación" no apoxeo da "propaganda": "Arrastran o prestixio da CRTVG"
- HEMEROTECA | Feijóo critica a dirección "alegal" de RTVE malia que a CRTVG mantén a que a lei ordenou mudar hai doce anos
Así soan xuntas Tanxugueiras e Fillas de Casandra. Ambos grupos xuntan forzas en Quen é a que canta?, un tema concibido como "un canto á nenez e ás relacións de amizade que crecen cómplices entre amigas". Nesta colaboración, "as nosas nenas internas mírannos con orgullo desde dentro, á vez que rendemos tamén homenaxe ás nosas nenas pasadas, ás que algún día fomos e que souberon soñar na soidade dos seus cuartos con todo o que agora somos e vivimos”, explican Aida, María, Olaia, Sabela e Sara
Na noite do sábado ao domingo cambia a hora e ás 2 serán as 3.
Este venres Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o sábado estamos de volta 🙂
O tempo mellorará este venres en Galicia, con chuvascos illados especialmente pola mañá no oeste do país e unha lixeira suba das temperaturas. O sábado as chuvias serán máis frecuentes. Este xoves as precipitacións están a ser importantes no sur de Galicia, con temperaturas mínimas que chegaron a superar os -5 graos na montaña ourensá.
A Illa Pancha de Ribadeo acolle na mañá deste xoves un novo reto de ondas xigantes, no que participan surfistas de primeiro nivel internacional, como Eric Rebiere, Willyan Santana, Juliette Lacome ou Mason Barnes.
A Deputación de Lugo rexeita a fábrica que Altri proxecta instalar en Palas de Rei. O pleno do ente provincial rexeitou coa maioría de votos de PSdeG e BNG unha moción presentada polo PP que pretendía apoiar o proxecto da empresa portuguesa. [Na imaxe, o plano da factoría que Altri proxecta en Palas, incluído na documentación exposta ao público para a tramitación ambiental © Greenfiber S.L.]
Un tribunal británico frea a extradición de Julian Assange e reclama a Estados Unidos máis garantías de que terá un xuízo xusto e non será condenado a morte. Haberá unha nova vista en maio para revisar novamente a extradición autorizada o pasado ano polo Goberno do Reino Unido.