Vestas amplía só tres días, ata o luns, o período de negociación do ERE da súa fábrica de Viveiro. A compañía desouve así a petición dos sindicatos secundada pola Xunta e mais polo Ministerio de Industria. Na imaxe, mesa de negociación celebrada este venres en Santiago coa presenza de representantes da empresa e do persoal xunto aos gobernos español e galego.
