O PP Europeo descólgase finalmente da manobra do PP español de Feijóo e Teresa Ribera será vicepresidenta executiva da Comisión Europea con competencias de Transición Limpa, Xusta e Competitiva, un dos postos de máis peso do novo gabinete de Ursula Von der Leyen, segundo o previsto inicialmente. Informa infoLibre. Na imaxe, a actual vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica do Goberno de España, durante a súa audiencia no Parlamento Europeo [CC-BY-4.0: © European Union 2024– Source: EP]
