O Ministerio de Sanidade ve viable extinguir Muface e integrar todo o funcionariado na sanidade pública en nove meses. Despois de que as aseguradoras SegurCaixa Adeslas, Asisa e DKV deixasen deserto o concurso para manter a asistencia sanitaria mediante esta mutua para pediren máis cartos, o departamento que dirixe Mónica García emite un informe que ve o modelo Muface como insostible e subliña unha "máis que evidente" selección de riscos por parte das aseguradoras privadas que xa acaba pagando a sanidade pública. [Imaxe: CC BY-NC-SA CIG]
