Alfonso Rueda delega no conselleiro Diego Calvo o despacho dos asuntos da Presidencia da Xunta durante a viaxe que comeza nas próximas horas a Brasil. O presidente visitará durante tres xornadas São Paulo e Rio de Janeiro na que será a súa segunda viaxe ao exterior nesta lexislatura tras a que fixo a Arxentina en maio.
Fálase
O Ministerio de Sanidade ve viable extinguir Muface e integrar todo o funcionariado na sanidade pública en nove meses. Despois de que as aseguradoras SegurCaixa Adeslas, Asisa e DKV deixasen deserto o concurso para manter a asistencia sanitaria mediante esta mutua para pediren máis cartos, o departamento que dirixe Mónica García emite un informe que ve o modelo Muface como insostible e subliña unha "máis que evidente" selección de riscos por parte das aseguradoras privadas que xa acaba pagando a sanidade pública. [Imaxe: CC BY-NC-SA CIG]
Finaliza a primeira misión dos bombeiros forestais da Brif de Laza en localidades afectadas polas riadas de València. O día 29 regresarán para continuar cos labores de desentullo e limpeza. A pasada semana, un dos integrantes do equipo compartiu con Praza.gal a súa experiencia. [Imaxe: Brif Laza]
Paulo Carlos López será o primeiro secretario xeral de Sumar Galicia. A formación celebra a vindeira fin de semana a súa asemblea xeral cunha única candidatura que inclúe como número dous a Verónica Martínez Barbero, deputada por Pontevedra e nova voceira de Sumar no Congreso, e no terceiro a Manuel Lago, deputado pola Coruña.
Falece Celeste Caeiro, a muller que virou os caraveis en símbolo da revolución portuguesa [Imaxe: Almada TV]
O comité de folga da CRTVG denuncia que "a dirección aumenta as coaccións ao cadro de persoal para que a ausencia do seu posto de traballo non interfira na emisión do programa O Termómetro". Coa deste venres son xa dezaoito as xornadas nas que o programa non saíu ao aire na TVG, non chegando a emitirse na súa integridade dende este luns. O comité, que vén manifestando a negativa da directiva dos medios de comunicación públicos galegos a dialogar coa representación do persoal, critica a "actitude coercitiva" cara ás traballadoras e traballadores que están secundando esta folga indefinida.
Gonzalo Hermo gaña o XXII Premio Miguel González Garcés de poesía da Deputación coa obra Un xesto de ternura porque "ofrece unha experiencia poética completa, cunha estrutura ben meditada, que conxuga a beleza da palabra coa profundidade do pensamento", segundo salienta o xurado, formado polas poetas Yolanda Castaño, Pablo Otero Rodríguez, Míriam Ferradáns, Samuel Merino e Oriana Méndez. O poemario gañador "propón unha poesía introspectiva e depurada, onde a linguaxe rica e evocadora se achega á súa forma máis pura, eliminando excesos e retóricas para lograr unha obra de precisión sensorial". O poeta de Taragoña (Rianxo) foi distinguido co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 polo poemario Celebración (Apiario), entre outros galardóns.
O Supremo confirma a condena do PP por reforma a súa sede central con cartos da súa caixa b. O tribunal ratifica o fundamental da sentenza da Audiencia Nacional pero reduce lixeiramente as penas aos tres condenados, entre os que está o ex-tesoureiro Luis Bárcenas, por dilacións indebidas. Na imaxe, unha celebración dunha noite electoral na sede da rúa Génova de Madrid.
A revista Luzes organiza este sábado ás 12 no Liceo de Ourense a súa III Xornada Tecendo Xornalismo, cunha mesa redonda arredor das fake news. Participarán Jesús Maraña, director editorial de infoLibre, Víctor Sampedro, autor do libro Voces del 11M, e David Reinero, xornalista de Praza.gal.
O xuíz decreta o ingreso en prisión do detido pola morte de Estela Blach en Baiona, investigado por un delito de homicidio ou asasinato, a determinar durante a instrución, e por outro de quebrantamento de medida cautelar. O home, detido seis días despois do crime, acolleuse ao seu dereito a non declarar.