O PSdeG de Samos expulsa o alcalde do seu grupo, Julio Gallego, tras evidenciar que nas vindeiras eleccións apoiará o seu fillo como candidato do PP na vila. É "de extrema gravidade", consideran o resto e edís, que manifestan o seu apoio ao seu candidato para o 28M, Antonio García Jurjo, cun "proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso" da veciñanza. "Temos que pechar este esperpento e apostar por unha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos lonxe do Falcon Crest familiar que está montando o PP”, manifestan nun comunicado. Nas eleccións de 2019, o PSdeG logrou a alcaldía de Samos por maioría absoluta, con 5 edís fronte a 2 do PP, 1 do BNG e 1 de CxG.