O Tribunal de Xustiza da UE sentencia que todos os Estados membros están obrigados a recoñecer o matrimonio entre persoas do mesmo sexo contraído legalmente en calquera punto da Unión. Nun ditame sobre o caso dunha parella polaca que reclamaba que o seu país recoñecese o seu matrimonio, contraído en Alemaña, o TXUE dá a razón aos demandantes e matiza que "esta obriga non implica que deba introducirse o matrimonio entre persoas do mesmo sexo no Dereito interno" dos países que aínda non o fan. Pedro Sánchez aplaude a sentenza como un "si, quero, que cruza o continente". "Fronte ao odio, amor e liberdade", agrega o presidente do Goberno de España. [Imaxe: CC-BY-SA Rob Maxwell / Unsplash]