Sanidade admite posibles "fisuras" en protocolos fronte a agresións a sanitarios e anuncia un plan con medidas. A Fiscalía insta a denunciar e comprométese a traballar para que as infraccións se formalicen de xeito "rápido". Foto: CC BY-NC-SA CIG

Sanidade admite posibles "fisuras" en protocolos fronte a agresións a sanitarios e anuncia un plan con medidas. A Fiscalía insta a denunciar e comprométese a traballar para que as infraccións se formalicen de xeito "rápido". Foto: CC BY-NC-SA CIG
Un detido e varios médicos do Sergas investigados tras desmantelar a Garda Civil unha rede de tráfico de medicamentos en Cangas e Vigo. "O que máis nos preocupa é a presunta implicación de médicos", di Abel Losada, subdelegado do Goberno de España en Pontevedra.
Grande Amore e Nacho Vegas cantan xuntos en Ti máis eu, un novo tema adianto do que será o terceiro disco do proxecto liderado por Nuno Pico. Presentan a canción cun videoclip de Xaime Miranda gravado no palleiro da casa dos avós de Nuno en Frexulfe, mentres cantan en galego e asturianu ao amor, ao desamor e aos medos.
A poboación galega aumentou en dez mil persoas no último ano, situándose o 1 de xaneiro de 2025 nos 2.715.424 habitantes, a cifra máis alta dende 2016, segundo a estatística publicada este xoves polo INE. A poboación aumentou nas catro provincias galegas, especialmente na Coruña (+6.757) e Ourense (+1.043), que rexistra o seu maior incremento en varias décadas. A poboación nacida no estranxeiro aumentou en 24 mil persoas nos últimos doce meses
Trump anuncia un acordo con Putin para negociar a fin da guerra en Ucraína. O presidente dos EUA di ter chegado a un pacto co seu homólogo ruso para que Rusia e Ucraína inicien "negociacións de inmediato". Foto: CC BY kremlin.ru
O Congreso aproba a suba das pensións e as axudas ao transporte público coa única oposición de Vox. PP e Junts uniron os seus votos aos dos socios parlamentarios do Goberno para a aprobación do denominado decreto ómnibus. Foto: Congreso dos Deputados.
📺VÍDEO | Queremos Galego interrompe o pleno cun acto a prol da lingua galega durante a intervención do conselleiro de Lingua, José López Campos. Activistas pola lingua e membros da plataforma improvisan unha cantiga no Parlamento reclamando políticas activas para a defensa do idioma. [Vídeo: Queremos Galego]
A Casa da Cultura de San Sadurniño acolle este sábado 15 a estrea das 24 curtametraxes realizadas no marco da IX edición da Chanfainalab, durante a fin de semana do 7 e 8 de setembro do 2024. Ademais, na gala Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) recibirá a primeira edición do Premio Bernardino de Lamas, que busca recoñecer a traxectoria dunha persoa que teña demostrado o seu compromiso coa creación audiovisual como cineasta non profesional ou amateur, á marxe da industria.
A alcaldesa de Lugo propón distinguir a Rafael de Vega e Xesús Alonso Montero como fillos adoptivos da cidade. A socialista Paula Alvarellos coida que o recoñecemento promovido por ela mesma quen fora director do Hospital Municipal e político republicano, asasinado polos golpistas en 1936, serve como "símbolo da loita pola xustiza social e os dereitos humanos". Condecorar a Alonso Montero, iniciativa que parte "dun grupo de ex-alumnos, compañeiros, camaradas e veciños" de quen foi profesor no IES Lucus Augusti e na Escola de Maxisterio, é para a rexedora sinalar a súa "pegada imborrable na formación de xeracións de estudantes e no impulso da lingua galega". O BNG, que goberna en coalición na cidade, apoia a distinción a Rafael de Vega pola "necesidade de manter viva a súa memoria" pero desmárcase da de Alonso Montero, "unha figura que non crea consenso entre a veciñanza". Na imaxe, Rafael de Vega.
A Liga denuncia o Celta por cánticos da súa afección contra o Betis nun informe que non recolle os saúdos fascistas de seareiros visitantes, aos que o club galego respondeu facendo soar Grândola, vila morena e Bella ciao pola megafonía de Balaídos. Cóntao Faro de Vigo