O Concello de Santiago inicia os trámites para subir o IBI a 16 vivendas baleiras propiedade de bancos na cidade. Explica a voceira municipal, Míriam Louzao, que estes expedientes -que se suman a outros tres xa iniciados- se dirixen a inmobles inscritos no censo de vivendas baleiras do Goberno galego. En función das características de cada inmoble, esa suba pode ser do 50%, do 100% ou do 150%. Na mesma Xunta de Goberno o goberno local de BNG e CA aprobou a ordenación dunha parcela para que o IGVS poida construír 36 vivendas de promoción pública na Volta do Castro.
- HEMEROTECA | Os bancos teñen 4.000 vivendas baleiras en Galicia: liberamos os datos
- HEMEROTECA | As vivendas baleiras dos bancos son tantas como as que a Xunta prevé construír nesta lexislatura
- HEMEROTECA | Santiago xa é zona tensionada: freo ás subas do alugueiro e gran posuidor dende 5 pisos
- HEMEROTECA | O Concello de Santiago busca elevar ao máximo o IBI ás vivendas baleiras para poñelas no mercado