Tropas romanas e castrexas do Arde Lucus desfilan polo centro de Madrid dentro da aposta da festa lucense de recreación histórica por incrementar a súa difusión e aspirar ao recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional. O desfile deste sábado, encadrado na programación do Concello lucense en Fitur, estivo encabezado pola alcaldesa da cidade, Lara Méndez. O Arde Lucus 2023 celébrase do 22 ao 25 de xuño. [Imaxe: Concello de Lugo]
