O Consello de Ministros aproba a revalorización das pensións con efectos retroactivos a 1 de xaneiro deste ano. A suba é do 2,5% (atendendo á inflación media ata o pasado novembro) para as pensións contributivas e do 3% para as mínimas e non contributivas. Segundo os datos do Ministerio de Seguridade Social, a pensión media de xubilación en Galicia a 1 de xaneiro de 2022 é de 1.053,71 euros mensuais e no total estatal, de 1.245,90 [Foto: CC BY-SA Ana Varela / Xunta]
