A xornalista Ana Romaní, recoñecida co Premio de Honra Dolores Ben, que este ano entrega por primeira vez a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). Dolores Ben , finada no ano 2020, foi presidenta da AGAPI entre 2007 e 2019. Ademais da obra literaria de Ana Romaní e do seu traballo diario na Radio Galega, a asociación destaca o seu labor como "activista a prol dos medios públicos, da liberdade informativa e da defensa da cultura". Romaní ingresou na RAG no ano 2019 e un ano antes recibiu o premio Nacional de Periodismo Cultural.
