Feijóo di que xa abriu contactos con PNV, UPN, Vox e Coalición Canaria para intentar formar goberno. O líder do PP recoñece que non alcanzou as súas "expectativas" o 23X pero di que é a súa "responsabilidade" liderar as conversas. "Non vou renunciar", asegura.
Fálase
Betanzos volveu calcar o resultado electoral en Galicia este 23X. Como xa aconteceu en numerosos comicios, a porcentaxe de votos acadada por cada un dos partidos na vila betanceira foi case idéntica á conseguida do conxunto do país, volvendo ser o Ohio galego.
Vítimas de Angrois maniféstanse en Santiago no décimo aniversario do sinistro fronte "a maquinaria do Estado". A manifestación parte ás 11.30 da estación de tren e ás 13.00 o Obradoiro acollerá a lectura dun manifesto.
- Sete anos de instrución, dous de preparación para o xuízo, un de vista oral... e aínda sen data para a sentenza de Angrois
- Rueda confirma que a Xunta non fará ningún acto de lembranza polo décimo aniversario de Angrois
- Para que serviu Angrois: as 8 melloras que tardaron anos en implantarse e a que aínda non, clave no xuízo
Ceos nubrados, baixada de temperaturas e entrada dunha fronte con chuvias a medida que avance a tarde marcarán a xornada de votación deste domingo, segundo a previsión de Meteogalicia.
O Consello de Contas advirte de eivas nos concellos na prevención de fraudes ao xestionar fondos europeos de recuperación. Nun informe similar a respecto da Xunta xa advertira hai dous meses de que o Goberno galego tampouco está a cumprir con todas as esixencias e, entre outras cuestións, non levanta actas da comisión que supervisa os fondos de recuperación da UE.
A Xunta aproba inicialmente a declaración de interese autonómico da cidade deportiva do Celta que facilitará o complexo comercial impulsado polo máximo propietario da sociedade, Carlos Mouriño.
#23X A Xunta Electoral Central amplia o prazo para o depósito do voto por correo das eleccións xerais este venres 21, ás 14.00, como solicitara Correos, que ten habilitados horarios ampliados para facilitar os envíos e confirma que, en calquera caso, se na hora do peche "hai persoas agardando, continuarase atendendo ata que se deposite o último voto". Nesta ligazón pódese consultar o horario concreto de cada oficina de Correos.
23X | Pedro Sánchez lamenta que Feijóo "perdese a oportunidade de aclarar a súa relación" con Marcial Dorado ao non acudir ao debate de RTVE. "As escusas de que non existía Google nin internet caen polo seu propio peso" e son "mentira", di en declaracións a laSexta o aspirante á reelección polo PSOE, quen cre que o ex-presidente da Xunta e actual candidato do PP ás xerais ten "unha débeda coa verdade". "É desacougante -conclúe- que un dirixente político tivese relacións tan estreitas cun narcotraficante e ese desacougo é compartido por milleiros" de persoas, cre.
#23X Correos solicita á Xunta Electoral Central ampliar o prazo para o depósito do voto por correo das eleccións xerais ata mañá, venres, ás 14.00. Polo momento, o prazo segue finalizando hoxe, xoves 20. Correos ten habilitados horarios ampliados para facilitar os envíos e confirma que, en calquera caso, se na hora do peche "hai persoas agardando, continuarase atendendo ata que se deposite o último voto". Nesta ligazón pódese consultar o horario concreto de cada oficina de Correos.
A candidata do PP por Pontevedra e ex-ministra de Fomento Ana Pastor atribúese a entrada soterrada a Vigo do Eixo Atlántico de alta velocidade que executou fundamentalmente o PSOE. "Fomos nós os que fixemos a Saída Norte e con Feijóo como presidente de España faremos tamén a Saída Sur", dixo Pastor este mércores nun mitin na cidade. Porén, tras anos de mudanzas do proxecto, e logo de decidir o socialista José Blanco que o túnel fose máis longo do inicialmente previsto para eliminar a barreira entre barrios que supuñan as vías, as tuneladoras que fixeron o treito de entrada a Vigo polo norte desde Redondela comezaron a escavar en 2009 e remataron a comezos de 2012, cando Pastor levaba só unhas poucas semanas como ministra.