Dende o mediodía deste luns A Coruña está en situación de emerxencia sanitaria debido á acumulación de lixo nas rúas. A declaración do Concello busca acelerar os trámites para a contratación doutra empresa se faga cargo da recollida ata normalizar a situación. A contratación, que se completará este mércores, esixe das compañías interesadas dispoñer de 13 vehículos cunhas características determinadas e de 32 operarios para
poder atender á limpeza nos puntos identificados. Unha vez seleccionada a empresa, esta ocuparase da recollida do lixo "de forma inmediata" e cunha duración "indeterminada", ata que se considere que a situación volve a normalidade.
