Un ex-alto mando da Policía, o lucense Germán Rodríguez Castiñeira, confirma na Audiencia Nacional que recibiu a petición de rastrexar deputados de Podemos e as súas confluencias elixidos en 2016, segundo informa elDiario.es. Castiñeira, xa xubilado, asegura que se negou a realizar esas buscas. Nas procuras en bases de datos policiais durante o Goberno de Rajoy denunciadas por esta formación figuraban catro deputados de En Marea. Na imaxe, Castiñeira en 2017 co daquela ministro do Interior do PP, Juan Ignacio Zoido. [© Ministerio do Interior]
