Oitava semana de folga indefinida na CRTVG coa vista posta na manifestación do sábado, 30 de novembro, en Santiago. O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega volveu parar por vixésimo segunda xornada, impedindo unha vez máis a emisión do programa O Termómetro. As representantes das traballadoras dos medios públicos volverán esta semana ao Parlamento europeo para trasladar as súas reivindicacións e intentar "poñer en coñecemento das parlamentarias e das institucións os incumprimentos das leis comunitarias nas que incorre a CRTVG". [📸 Comité Intercentros]
- A xustiza volve ver indicios de que a CRTVG vulnera o dereito á folga do persoal na vixésima xornada de paros
- "Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes "por falta moi grave"
- HEMEROTECA | O PP emprega as críticas ao bipartito como escudo para bloquear no Parlamento europeo a denuncia de manipulación na CRTVG