Pedro Sánchez confirma a designación de Sara Aagesen como vicepresidenta terceira do Goberno de España e ministra de Transición ecolóxica e reto demográfico, da que salienta o seu "rigor, profesionalidade e coñecemento experto". Aagesen formaba parte do equipo de Teresa Ribera como secretaria de Estado de Enerxía e é membro do consello asesor da ONU para o medioambiente e o desenvolvemento industrial. No Goberno de España encargouse da coordinación e definición do plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-2030 e da estratexia de descarbonización a longo prazo (2050).
CRÓNICA | Gaña Ribera, perde Weber e Feijóo queda só: dez días de ruído en Bruxelas que non moveron nada