Os estudios galegos Creus e Carrasco e RVR Arquitectos gañan o Premio Europeo do Espazo Público Urbano 2024 pola mellora da praia e reurbanización do bordo portuario en Porto do Son. O xurado dos galardóns, que convoca o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), destaca a que a obra perseguiu "renaturalizar o paseo marítimo con dunas que protexen un parque existente e reconstruír a relación entre as actividades portuarias e a comunidade local" e valorou apostas como a "atrevida e mesmo radical decisión do proxecto de preservar a antiga muralla que protexe" a vila "dun mar especialmente axitado, situando as novas instalacións no reverso que achegarán nova vida urbana a un espazo que antes estaba reservado exclusivamente ás instalacións portuarias". Nas imaxes, catro vistas do proxecto [Imaxes, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: © Luis Díaz, © RVR Arquitectos, © Luis Díaz e ©Creus e Carrasco, divulgadas polo Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia]