Greenpeace "rebautiza" como Ocean killer (asasino dos océanos) o buque arrastreiro neozelandés Voyager, que o estaleiro Nodosa constrúe en Marín para a compañía pesqueira Talley's. A organización ecoloxista, que tamén cubriu o rótulo no local que a empresa propietaria ten no porto, pretende con esta acción denunciar "o dano da frota pesqueira industrial", especialmente o arrastre por "indiscriminado", así como o "longo historial de prácticas destrutivas de pesca de arrastre de fondo en hábitats vulnerables e zonas protexidas" que, din, ten esta compañía. [Imaxe: © Pedro Armestre / Greenpeace]