Este martes entra en servizo a nova estación de autobuses da Coruña, parte do complexo da futura intermodal, que aínda non está finalizado. Substitúe a inaugurada en 1975 e a súa posta en marcha implica mudanzas e supresións de varias paradas de buses interurbanos na cidade. Por abrir en período electoral -coas eleccións xerais do 29N xa convocadas- a lei impide a celebración dun acto de inauguración propiamente dito, se ben cargos da Xunta acudirán e realizarán declaracións aos medios. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]