O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro de Portugal, António Costa, comparecen xuntos ao remate da reunión do Consello Europeo en Bruselas para trasladar que a Unión Europea recoñece “a singularidade ibérica” no que se refire á enerxía e que, polo tanto, ambos países poderán pór en marcha “medidas excepcionais” durante un período de tempo concreto para “rebaixar os prezos da enerxía” tanto para os consumidores como para a industria e as empresas. España e Portugal terán que presentar estas medidas á Comisión europea nos vindeiros días, que se pronunciará de maneira urxente. [Imaxe: reunión do Consello Europeo CC-BY-SA Pool UE]
Fálase
A plataforma que convoca os paros no transporte de mercancías mantén a intención de continuar "co paro indefinido" despois da reunión coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez. O voceiro da Plataforma nacional por la defensa del transporte –minoritaria no sector–, Manuel Hernández, asegurou que precisan de "axudas á altura das circunstancias” e rexeitou o acordo co Goberno central. [Imaxe © Delegación do Goberno en Galicia]
O Balonmán Cangas vence na última xogada o Ademar León e clasifícase para as semifinais da Copa do Rei que se disputa en Atequera.
A Xunta desestima o recurso presentado pola empresa Cobre San Rafael contra a resolución que o pasado ano rexeitou o proxecto de reapertura da mina a ceo aberto de Touro. Esta nova negativa únese ás ditadas anteriormente, que declaraban a inviabilidade medioambiental da mina. Nos últimos meses medio cento de colectivos esixiron "un verdadeiro plan de restauración" da vella mina de Touro para frear a contaminación da auga.
O Goberno de España acorda coas principais organizacións do transporte varias medidas de axuda que cifra en mil millóns de euros. Ademais de axudas directas por 450 millóns, haberá un desconto de 20 céntimos por litro de combustible dos que o Estado porá 15 e as petroleiras 5. Os transportistas convocantes do paro, pola contra, seguen reclamando que o Executivo se reúna con eles.
O PP defende que Pedro Sánchez queda cos impostos que gravan a gasolina. Nunha campaña divulgada nas redes sociais, o partido do que Feijóo xa é presidente electo mantén que "de cada 100 euros que botas de gasolina, 57 os leva" o presidente do Goberno de España. En realidade, os tributos sobre os combustibles, o IVE e o imposto de hidrocarburos, son recadados para os Orzamentos públicos, no primeiro caso financian ao 50% servizos do Estado e das comunidades autónomas e no segundo, o 58% vai ás autonomías e o restante, á Facenda estatal.
A xustiza do Reino Unido denega a inmunidade a Juan Carlos de Borbón. O Tribunal Superior de Londres que pode seguir adiante que presentou contra o rei emérito Corinna Larsen, con quen o anterior xefe do Estado mantivo unha relación sentimental e económica.
A capacidade máxima nos recintos deportivos volverá ser do 100% desde o 1 de abril, tanto en espazos abertos como pechados, segundo acordaron o Ministerio de Sanidade e as comunidades. Permitirase tamén o consumo de alimentos e bebidas.
O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo é a segunda árbore europea do ano 2022. O histórico carballo de Santiago de Compostela recibiu 168.234 votos e ficou en segunda posición, pois foi superado polo Carballo Dunin de Polonia, que obtivo 179.317 apoios no certame, e xa era o favorito na segunda quenda de votacións.
O Ministerio de Sanidade e as comunidades acordan eliminar as corentenas para os positivos asintomáticos de COVID. A partir do vindeiro luns, o illamento dos contaxios por coronavirus só será obrigada para persoas vulnerables, segundo a nova estratexia fronte á pandemia aprobada pola Comisión de Saúde Pública.