Lula viaxará o vindeiro luns a España para apoiar a Pedro Sánchez durante a campaña electoral para o 29N. O presidente do Brasil inclúe unha parada en Madrid na volta do viaxe que fará ás Filipinas.
Lula viaxará o vindeiro luns a España para apoiar a Pedro Sánchez durante a campaña electoral para o 29N. O presidente do Brasil inclúe unha parada en Madrid na volta do viaxe que fará ás Filipinas.
O decreto do Goberno de España co groso das medidas urxentes de vivenda seguirá en vigor. A Deputación Permanente do Congreso convalidou medidas coma o freo a desafiuzamentos para poboación vulnerable, a prórroga de contratos de alugueiro que venzan ata o 31 de decembro de 2028 ou máis impostos aos pisos turísticos, especialmente en zonas tensionadas como A Coruña e Santiago, entre outras medidas. Saíu adiante caos votos dos grupos que sustentan o Goberno (PSOE e Sumar) xunto a ERC, EH Bildu, PNV, Podemos e o BNG. Como se prevía, o segundo dos decretos, que contemplaba unha renovación automática xeral de contratos de alugueiro, quedou derrogado ao non contar co apoio do PNV, coa mesma posición que no primeiro decreto entre o resto de grupos. Na imax [CC BY-SA Praza.gal] unha manifestante na Coruña, este 11N durante a folga xeral.
Resonac vende a súa planta coruñesa a un fondo de capital risco alemán, nunha operación que inclúe o seu negocio de electrodos de grafito en varios países. A factoría galega, con 170 traballadores, pasará a depender de Aurelius.
29N O BNG pide participar en La Revuelta. A formación nacionalista fai esta demanda a TVE porque a súa presenza pode "contribuír a achegar a política a públicos que habitualmente non seguen os formatos informativos tradicionais" e cre que é "unha oportunidade" que "non pode quedar limitada a determinadas formacións políticas, deixando fóra outras forzas que tamén contan con representación no Congreso e que representan unha parte importante da cidadanía”. O Bloque tamén solicita a TVE un debate electoral territorial entre as candidaturas galegas ao 29N.
A Deputación Permanente do Congreso vota este xoves os decretos de vivenda cuxa caída no pleno da Cámara Alta polo "non" de PP, Vox e Junts propiciou a convocatoria das eleccións xerais. Entre as medidas en xogo, a moratoria de desafiuzamentos para familias vulnerables, o límite ás subas de arrendamentos ou a suba do IVE para pisos turísticos, entre outras.
Ás 00:00 deste xoves, 11 de novembro, principia a folga xeral. Neste espazo podes repasar toda a información publicada por Praza.gal ao respecto nas últimas semanas.
A borrasca Bruna deixará chuvias e ventos importantes en Galicia desde esta tarde. Metogalicia mantén activados os avisos amarelos nas provincias da Coruña e de Pontevedra, por chuvias de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora, e na de Ourense por fortes refachos. Tamén na Costa da Morte e nas Rías Baixas por ondas de ata cinco metros, como advirte a Aemet.
Rueda reúnese no Brasil coas representacións oficiais da emigración galega no mundo en plena controversia polo voto exterior e ás portas da campaña do 29N. O presidente da Xunta viaxa ao Rio de Janeiro para presidir o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, o órgano composto polo Goberno galego e as entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade, que desta volta se reúne na Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada da cidade brasileira, na que Rueda tamén celebra un acto de presentación do Xacobeo 2027. Na imaxe, Rueda no Brasil na súa anterior visita oficial, en 2024. Durante a viaxe, como en anteriores ocasións, o despacho dos asuntos do presidente asúmeo o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo.
A Confederación de Sindicatos de Inquilinas lanza unha proposta de reformas legais para "cambiar o modelo de vivenda" a dous días da folga xeral do 11N. Entre as medidas, que as vivendas baleiras, a partir da terceira, pasen ao parque público de alugueiro, prohibir os pisos turísticos nos concellos cos prezos disparados ou construír un millón de vivendas públicas para alugar a través dun imposto aos máis ricos.
Folga nos buses urbanos da Coruña o vindeiro 16 de novembro. A representación laboral na Compañía de Tranvías convoca paro pola negociación do convenio e advirte dunha excesiva carga de traballo "mentres a empresa, a máis rendible de España, enche os petos de billetes", con récord de viaxeiros e beneficios. O beneficio neto da empresa foi de case 6,5 millóns de euros o pasado ano. A convocatoria é apoiada por UGT, CIG e GGT e rexeitada polo CSIF.