A Confederación de Sindicatos de Inquilinas lanza unha proposta de reformas legais para "cambiar o modelo de vivenda" a dous días da folga xeral do 11N. Entre as medidas, que as vivendas baleiras, a partir da terceira, pasen ao parque público de alugueiro, prohibir os pisos turísticos nos concellos cos prezos disparados ou construír un millón de vivendas públicas para alugar a través dun imposto aos máis ricos.