Rueda e o resto de membros do Goberno galego conclúen o seu "retiro" no hotel do antigo mosteiro de San Clodio, en Leiro, anunciando un futuro plan para "facilitar a implantación de industrias" que tramite "nun só solo naves preparadas e solucións de vivenda para os traballadores onde sexan necesarias". Segundo o Executivo, a estancia de dous días dos membros do Consello da Xunta serviu para "afondar na cooperación entre departamentos" e "fixar prioridades de futuro". Tras a conclusión do evento, o presidente dedicou gran parte do domingo a participar en actos de precampaña do PP. Rueda recuperou nesta lexislatura os "retiros" que Fraga implantara cos seus conselleiros. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]