A Fundación Plácido Castro "censura enerxicamente" o "acto incívico que sufriu" a placa e escultura que o homenaxean na rúa Reconquista de Vigo e agarda "a súa pronta restauración". A entidade que vela pola memoria do histórico galeguista lembra, ao fío desta vandalización, unha das súas reflexións: "Todo fanatismo repugna ao temperamento galego, caracterizado pola comprensión, a transixencia, a dúbida". [Imaxe: © Fundación Plácido Castro]
- HEMEROTECA | 90 anos do recoñecemento de Galicia como 'nación' que puxo "na axenda global" un "problema nacional a resolver"
- HEMEROTECA | O Estado anula a condena franquista a Plácido Castro e declara oficialmente o seu "recoñecemento e reparación persoal"
- HEMEROTECA | Plácido Castro, o home que non quería comprendernos