En marcha o proceso para elixir a Palabra do Ano 2026. O Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para remitir suxestións, que se estende ata o día 20. De aí sairán as opcións finalistas que pasarán a votación popular ata o 16 de decembro. O ano pasado a palabra do ano foi xenocidio, con Gaza moi presente; nos anos previos foran cantareira, cibercarracho, comadre ou tanxugueiras. Ao contrario que en anos previos, a de 2025 non foi polo momento gravada no paseo do barrio lucense da Milagrosa que viña acollendo as verbas elixidas neste certame