O Goberno de España prevé subir o salario mínimo interprofesional ata 1.286 euros brutos mensuais -en 14 pagas- en 2027. Será un incremento do 5,3%, en liña coa inflación, por riba do recomendado polo grupo de persoas expertas que asesoran o Ministerio de Traballo (4,9%) e por baixo do reclamado dende os principais sindicatos. A patronal CEOE avanza que se volverá opoñer novamente á suba do SMI e esixe, adicionalmente, que non se aprobe incremento ningún ata que se conforme o Goberno que saia das eleccións do 29N.