Un detido en Caldas na operación contra a organización neonazi Núcleo Nacional. A Subdelegación do Goberno de España en Pontevedra confirma que a localidade foi unha das atinxidas por un operativo contra este grupo ultradereitista dirixido dende un xulgado de Xixón que, informa elDiario.es, implicou cando menos catorce detencións e acusacións de incitación ao odio, asociación ilícita e tenza de armas. A organización prevía unha manifestación esta fin de semana en Madrid, detalla a Cadena SER. Na imaxe, detalle dun vídeo propagandístico do grupo.