O filme ‘KIRO’, de María Yáñez, acada o premio ao mellor documental musical nacional no festival In-Edit de Barcelona. A directora dedicou o galardón á memoria de Ana Kiro e á comunidade galega en Barcelona. O premio súmase á Calpurnia á Mellor Película, ao Premio do Público e á mención especial á Mellor Dirección que o documental obtivo no Festival de Cine de Ourense.