Besteiro advirte de que o 29N os galegos e galegas escollerán entre o Goberno socialista que defende manter e incrementar as axudas aos gandeiros e o PP e VOX, que queren recortar a PAC. O líder dos socialistas galegos visita a Feira de Santos de Gontán -Abadín- onde reclama unha PAC “suficiente, con financiamento e que chegue a todas as explotacións”