A comunidade educativa de Vigo alerta da falta de persoal e de recursos para atender a diversidade. O IES Santa Irene acolleu este xoves un encontro baixo o lema «O estado da educación. Tecendo pontes entre todos os colectivos polo futuro do ensino público», que reuniu representantes de todas as etapas educativas e diferentes colectivos para analizar a situación do ensino e formular futuras accións. Acordaron crear unha comisión mixta encargada de impulsar diferentes iniciativas nas vindeiras semanas, coa participación de toda a comunidade educativa.
[Foto: Asembleas Abertas do Ensino Público]