29N O Supremo rexeita estender a suspensión do dereito a voto a fillos e fillas de persoas que obtiveron a nacionalidade ao abeiro da Lei de Memoria Democrática por "presunción" de exilio, aos que si prohibiu votar. Sobre os pais e nais destas persoas seguirá vixente a suspensión cautelar da alcumada como lei de netos, concedida por petición das formacións de extrema dereita Vox e Iustitia Europa, que agora pedían ampliala